GALICIA: XXV Xornadas de Coordinación de Defensores

O titular da institución galega, Benigno López González, desprazarase os próximos días 27 a 29 de setembro á Rioxa para debater xunto cos seus homónimos autonómicos e representantes do Defensor del Pueblo sobre o impacto da crise económica no exercicio dos dereitos das persoas.

O Valedor do Pobo, Benigno López González, desprazarase os próximos días 27, 28 e 29 de setembro á  Rioxa para tomar parte nas XXV Xornadas de Coordinación de Defensorres que nesta edición versarán sobre o impacto da crise económica no exercicio dos dereitos das persoas. O titular da defensoría galega actuará como relator no debate que sucederá á lectura das conclusións do obradoiro «Evaluación del impacto de la crisis en la actividad de las Defensorías del Pueblo», no que tamén tomarán parte os representantes de Andalucía e Cataluña, moderados polo Justicia de Aragón, Fernando García Vicente. 

O encontro, de carácter anual, permitirá unha vez máis aos representantes de todas as Defensorias, tanto autonómicas coma do Defensor del Pueblo, compartir as súas experiencias na protección dos dereitos dos cidadáns.

Como en anteriores ocasións, as Xornadas coincidirán coa celebración dun foro cidadán que, neste caso, versará sobre os dereitos das persoas con especiais dificultades ante a crise económica. Neste, preténdese dar voz a representantes das entidades sociais destacadas polo seu labor en favor dos dereitos humanos.

FUENTE: Valedor do Pobo de Galicia, España.