GALICIA: Os defensores rexionais europeos cítanse en Innsbruck

O Valedor do Pobo, Benigno López González, participará os próximos días 8 e 9 de novembro na localidade austríaca de Innsbruck no VII Seminario Rexional da Rede Europea de Defensores do Pobo, convocado polo Defensor Europeo,Nikiforos Diamandouros e que contará como organizador co Defensor do Tirol, Josef Hauser.

Na axenda dos asistentes encóntranse asuntos relacionados co papel dos defensores rexionais e problemas ambientais. Así, durante a primeira xornada e, tras a inauguración na que estarán presentes o defensor europeo e as máximas autoridades do Tirol, abrirase o debate co relatorio El papel dos Defensores do Pobo Rexionais a cargo de Anna Gamper, Catedrática de Dereito Público da Universidade de Innsbruck. Sucederanlle dúas sesións de traballo convocadas baixo os lemas Compartindo coñecementos de dereito Europeo e A Rede Europea de Defensores do Pobo, nas que tomarán parte representantes de diferentes defensorías.

Xa o martes 9, os asistentes cambiarán de terzo para participar nos talleres que versarán sobre cuestións ambientais, concretamente acerca dos Últimos avances en Dereito Ambiental Europeo e Os problemas ambientais e o papel dos defensores do pobo rexionais.
 

FUENTE: Valedor do Pobo de Galicia, España