GALICIA: O Valedor do Pobo presenta un estudio pioneiro sobre adolescentes galegos e internet

Benigno López González presenta este mércores en rolda de prensa oun novo traballo sobre o uso de internet por parte dos escolares galegos de Secundaria, que se fará en colaboración coa Consellería de Educación e a Universidade de Santiago.

O Valedor do Pobo, Benigno López González; o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad,  e o profesor Jesús Varela Mallou, en representación do Grupo de Investigación en Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela; presentan este mércores ante os medios de comunicación o proxecto do Estudo sobre o uso de internet entre os adolescentes galegos, que se atopa en fase de elaboración, e que será pioneiro ao se converter no traballo máis completo existente en Galicia ata o momento sobre os hábitos dos adolescentes no seu uso de internet e as redes sociais.

Na rolda de prensa darán a coñecer ante os medios a metodoloxía empregada, así como obxectivos xerais e particulares, os aspectos nos que afondará o traballo e os prazos estimados para obter resultados.

FUENTE: Valedor do Pobo de Galicia, España.