GALICIA: O Valedor do Pobo asiste ao acto institucional con motivo do Día Internacional da Muller

O Valedor do Pobo, Benigno López González, quixo mostrar o seu apoio á muller no seu Día Internacional, e asistiu ao acto institucional convocado hoxe con motivo da efemérides que se celebra mañá. Con este xesto, o Valedor súmase á conmemoración oficial e mostra o seu apoio ás mulleres na súa dilatada conquista da consolidación dos seus dereitos.

Ao acto, celebrado ao mediodía na Cidade da Cultura de Santiago, asistiron, ademais do Valedor, outras autoridades destacadas como o Presidente da Xunta, acompañado de case todas as súas conselleiras. No transcurso deste, presentáronse os tres primeiros volumes dos catro que compoñerán o libro «Historia das mulleres en Galicia». Tamén se procedeu a inaugurar a Biblioteca Concepción Areal que forma parte da Biblioteca de Galicia que ten a súa sede na Cidade da Cultura.

Fuente: Valedor do Pobo de Galicia, España.