GALICIA: Informe Ordinario 2009 do Valedor do Pobo foi descargado en 451 ocasións polos internautas

O pasado 15 de marzo o Valedor do Pobo facía entrega á presidenta do Parlamento de Galicia do seu Informe Ordinario correspondente ao exercicio 2010. Coincidindo con esa data, e fiel ao compromiso de difundir o contido do mentado documento, o texto íntegro do mesmo nas súas versións en galego e castelán publicábase na páxina web www.valedordopobo.com, sendo descargado ata agora de hoxe en 451 ocasións. 

Os usuarios da páxina web do Valedor do Pobo mostraron o seu interese en coñecer o contido do Informe Ordinario da institución e procederon á súa descarga en 451 ocasións nos últimos catro meses. Un total de 348 descargas corresponderon á versión en galego do documento, mentres que as de castelán ascenderon a 103.

Desde que a institución deixou de publicar a versión en papel do documento anual, foron miles de internautas os que accederon á páxina web del Alto Comisionado Parlamentario para facerse cunha versión do mesmo. De feito, desde que o ano pasado se difundiu o Informe Ordinario 2008 nesta plataforma, máis de mil persoas procederon a descargalo.

FUENTE: VALEDOR DO POBO DE GALICIA, España.