GALICIA: Entregados 500 exemplares da Revista resumo do Informe Ordinario 2009

O Valedor do Pobo enviou durante o pasado mes de decembro cincocentos exemplares da Revista resumo do seu informe ordinario, nesta ocasión correspondente á actividade despregada durante o ano 2009. A publicación, que inclúe o documento íntegro da memoria nun cedé no seu interior, pretendía achegar á cidadanía aos principais aspectos da actividade despregada no transcurso do exercicio. A publicación é a terceira deste tipo que difunde a institución, que xa nos dous anos precedentes substituíra o tradicional formato do informe tradicional en libro por outro máis manexable, accesible e próximo á cidadanía.

Tamén a finais do 2010 deuse a coñecer no Parlamento de Galicia e ante os medios de comunicación o informe extraordinario As persoas sen teito en Galicia. No mesmo facíase un retrato da poboación afectada na comunidade pola carencia de vivenda e que habitan e pasan a noite nas rúas das diferentes cidades.O documento entregouse nun formato novo, de reducidas dimensións, que incluía un caderno pequeno coas principais conclusións e un cedé co informe completo.

Do mesmo xeito que co informe ordinario, realizáronse cincocentos exemplares que se fixeron chegar aos organismos públicos das administracións autonómica, provincial e local, así como a varios centenares de organizacións sociais, centros de acollida de persoas sen fogar e entidades benéficas interesadas.

REVISTA_COMPLETA_DEFINITIVA
Informe Ordinario Galego 2009

 

FUENTE: Valedor do Pobo de Galicia, España.