GALICIA: Taller internacional sobre boas prácticas das Defensorías no ámbito local en Montevideo

O Valedor do Pobo apoiou coa súa presenza o encontro internacional de defensorías no que se puideron analizar aspectos como a participación cidadá, o acceso aos servizos públicos e a protección dos dereitos sociais a nivel local.

O Valedor do Pobo, Benigno López González, participou os pasados días 13 a 15 de setembro no XVI Seminario taller das defensorías do pobo no ámbito local e o III Encontro internacional de defensorías locais e metropolitanas celebrados en Montevideo.

Convocado polo Programa Rexional de Apoio ás Defensorías do Pobo en Iberoamérica, o alto comisionado galego puido participar nas diferentes actividades encamiñadas a analizar o proceso de municipalización das políticas públicas en Iberoamérica dende unha perspectiva de dereitos humanos, e compartir experiencias encamiñadas a mellorar as prácticas das defensorías arredor de tres aspectos: a participación cidadá, o acceso aos servizos públicos e a protección de dereitos sociais,  e o dereito á cidade que inclúe urbanismo e medio ambiente.

As conclusións do encontro permitirán abrir unha liña de traballo para reforzar estas institucións, en coordinación coa Federación Iberoamericana de Ombudsman, da que o Valedor do Pobo é membro de pleno dereito.

FUENTE: Valedor do Pobo de Galicia, España.